O pasado mércores visitamos o Museo do Mar. Fixemos un taller didáctico "Tiburóns e raias", e aprendemos moitas cousas sobre estes tipos de peixes.
Aproveitamos para facer unha visita ao propio museo, donde vimos o esqueleto do enorme cachalote que teñen, un submarino, o acuario e tamén visitamos a zona donde nestes momentos se atopa o Pergamiño Vindel, único manuscrito con sete cantigas de amigo de Martín Códax.
Pasamos unha xornada moi agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario