domingo, 11 de noviembre de 2018

VISITA AO MUSEO DO MAR

O xoves pasado os nenos e nenas de terceiro, xunto cos nosos compañeiros /as de segundo, visitamos o Museo do Mar de Vigo.
Esta visita foi o punto final do proxecto que estuvemos traballando na aula, "Animalandia", grazas ao cal aprendemos moitísimas cousas das diferentes clases de animais que existen.
Acompañados por unha monitora que nos contou un montón de cousas sobre peixes e animais invertebrados mariños visitamos o acuario. Despois realizamos un taller, "Intermareal", sobre animais invertebrados e algas mariñas e, por último, visitamos libremente todo o museo.
Gustounos moito a visita e disfrutámola.



SAMAWEEN

A pasada semana celebramos o Samaín-Halloween e o Magosto no cole.
Aquí vos deixamos o vídeo da xornada: