sábado, 12 de mayo de 2018

VISITA CEIP JOSEFA ALONSO

O pasado venres os nenos de 3º e 4º acudimos ao CEIP Josefa Alonso, que está moi cerquiña do noso, a participar no concurso de deletreo que organizan todos os anos.  Todos os nenos participantes o fixeron  xenial e Valentina, a nosa compañeira de terceiro, quedou de terceira no concurso. Despois convidáronnos a unha merendola moi doce e a festexar os Maios. Pasamos unha xornada moi agradable cos nosos compañeiros do Josefa Alonso. Moitas grazas pola invitación!!


MUSEO DE ARTE DE PONTEVEDRA

O pasado xoves visitamos o Museo de Arte de Pontevedra. Fomos "detectives de arte" e pasámolo moi ben investigando as valiosas obras que ten este museo con axuda dunhas pistas que nos daban. Deste xeito coñecemos obras orixinais de artistas como Picasso, Dalí, Laxeiro, Maruja Mallo, Luis Seoane...