miércoles, 10 de mayo de 2017

OBRA DE TEATRO: "RESTAURANTE FARRUCO"

Hoxe representamos a obra de teatro que levamos ensaiando dende hai uns meses no Auditorio do Concello. "Restaurante Farruco" é unha obra humorística que trata dun xantar nun restaurante. Con sinceridade teño que dicir que os nen@s foron uns auténticos actores e actrices, actuaron de maravilla, un éxito. NORABOA!!

CONCURSO DE RELATOS CURTOS

Este ano tamén nos presentamos ao Concurso de Relatos Curtos de Galicia. Todos os nen@s da aula elaboraron o seu relato. Presentamos algúns ao concurso e quedaron de finalistas Adrián Piñeiro e Candela Murillo. NORABOA!! Os seus relatos serán publicados nun libro xunto cos demais finalistas de cada categoría e de todos os finalistas seleccionarán aos gañadores. Ata o día 30 de maio non podemos publicar os relatos.

CONCURSO MATEMÁTICO PANGEA

Este ano presentámonos ao Concurso Matemático Pangea, que é un concurso a nivel nacional. Primeiro faise un concurso no colexio por niveis, logo un concurso na provincia e, por último, os finalistas van ao nacional. En cuarto de primaria gañou Antía, unha compañeira desta aula, e o sábado pasado presentouse a final de provincia. Ainda non sabemos os resultados. Desexámolle moita sorte...

INVITACIÓN PARA MARIO E AINHOA

INVITACIÓN PARA EVA E XOEL

INVITACIÓN PARA LAURA

INVITACIÓN PARA XIANA E RODRIGO

INVITACIÓN PARA MARA E DEREK

INVITACIÓN PARA JUAN E LUIS

INVITACIÓN PARA SARA E IRENE