domingo, 23 de junio de 2019

CHARLA SOBRE O APARATO LOCOMOTOR

A piques xa de rematar o curso comezamos co último proxecto de ciencias e nesta ocasión Isabel, a nai de Alicia, acudiu a aula a contarnos moitísimas cousas interesantes sobre o noso aparato locomotor. Ela é traumatóloga e coñece a perfección os 206 ósos que temos os seres humanos. Sorprendéronnos as diferentes prótesis e tornillos que algunhas persoas levan dentro de sí cando teñen unha fractura e nos encantaron os vendaxes que nos fixo, xa que todos os nen@s saíron da aula con algunha parte do seu corpo vendada. Foi unha xornada moi interesante e divertida. Moitísimas grazas, Isabel, polo teu tempo e por  todo o que aprendemos e disfrutamos contigo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario