sábado, 18 de mayo de 2019

VISITA A CONNORSA E CONCELLO DE VILABOA

A pasada semana visitamos a fábrica de conservas Connorsa e o Concello de Vilaboa, dúas visitas enmarcadas no proxecto "Invítote a coñecer...".
Na fábrica de conservas poidemos experimentar todo o proceso que sufren as conservas, dende a selección e limpeza do peixe ata o seu empaquetado para distribuir nos diferentes comercios.
No Concello fomos recibidos polo Alcalde e algúns Concelleiros, e tivemos a oportunidade de sentarnos no salón de plenos e solicitarlles arranxos e melloras que estimamos necesarias no municipio de Vilaboa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario