Hoxe estiveron na aula Esther (a nai de Sofía) e Raquel (a nai de Mateo) e fixemos un taller que nos encantou. Aproveitando os contidos relacionados coa utilización das máquinas do noso proxecto "Experimentando", démonos conta cómo a invención dunha maquina (a máquina de coser) axudou moitísimo ao mundo textil, xa que grazas a ela pódense fabricar varios productos textiles no mesmo tempo que antiguamente se fabricaba un só a man.
Esther e Raquel trouxeron a aula unha máquina de coser, moitas telas diferentes e todos os accesorios necesarios para confeccionar unha bolsa da merenda personalizada. Todos os nen@s elixiron a tela que máis lles gustaba, probaron a máquina de coser e personalizaron a súa bolsa de merenda. Acabaron a xornada contentísimos coa nova adquisición que fixeron. Así que lles damos as grazas a estas mamás e lles agradecemos moitísimo o que nos ensinaron e o seu traballo durante toda a xornada. As bolsas serán un recordo que tod@s lembrarán sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario