jueves, 28 de marzo de 2019

TALLER DE COSTURA

Hoxe estiveron na aula Esther (a nai de Sofía) e Raquel (a nai de Mateo) e fixemos un taller que nos encantou. Aproveitando os contidos  relacionados coa utilización das máquinas do noso proxecto "Experimentando", démonos conta cómo a invención dunha maquina (a máquina de coser) axudou moitísimo ao mundo textil, xa que grazas a ela pódense fabricar varios productos textiles no mesmo tempo que antiguamente se fabricaba un só a man.
Esther e Raquel trouxeron a aula unha máquina de coser, moitas telas diferentes e todos os accesorios necesarios para confeccionar unha bolsa da merenda personalizada. Todos os nen@s elixiron a tela que máis lles gustaba, probaron a máquina de coser e personalizaron a súa bolsa de merenda. Acabaron a xornada contentísimos coa nova adquisición que fixeron. Así que lles damos as grazas a estas mamás e lles agradecemos moitísimo o que nos ensinaron e o seu traballo durante toda a xornada. As bolsas serán un recordo que tod@s lembrarán sempre.


domingo, 17 de marzo de 2019

RETRATANDO A DALÍ

Así nos quedaron los retratos de Dalí, artista que trabajaremos durante todo el trimestre.


ENTROIDO

Aquí vos deixamos o noso Entroido en imaxes. Nos disfrazamos de Dalí e pasamos unha xornada estupenda.

TALLER DE ANTIFACES

Coincidindo coa época de Entroido, Gloria (a nai de Ania) e Beni (a nai de Marta) ofrecéronnos un taller de antifaces que nos gustou moito. Coa silueta das nosas propias mans diseñamos  o antifaz. Logo o decoramos ao noso gusto. Pasamos unha xornada moi entrentenida e desenvolvemos a nosa creatividade a tope. Moitísimas grazas a estas dúas mamás polo seu tempo e o seu traballo.


lunes, 11 de marzo de 2019

CONFERENCIA: EXPERTOS EN VULCANOLOXÍA

A tarefa final do proxecto "Viaxando polo espazo" foi a realización dunha conferencia sobre vulcanoloxía, un tema que nos interesou moito e, por iso, decidimos investigar sobre él. Por equipos preparamos a conferencia e fixemos un volcán de barro para despois acudir as aulas dos nosos compañeir@s do cole a dar a conferencia e facer erupcionar o volcán. Ainda que estabamos un pouco nerviosos foi unha boa experiencia!!