O día 30 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz. Todos xuntos cantamos a canción "Acuarela" de Toquinho, versionada en galego pola mestra de música, que é unha auténtica artista.
Ademais, na aula aproveitamos para relacionar moitas actividades coa Paz.
Como ben dice o libro "El sueño de Picasso", intentamos atopar esa pomba que lle desapareceu a Picasso do seu cadro, reflexionamos acerca de por qué é importante para nós ir a escola despois de coñecer a historia de Malala Yousafzai e ata nos atrevemos a facer cada un con barro unha medalla da Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario