O pasado xoves visitamos, acompañados dos nos@s compañeir@s de primeiro e segundo, o Museo de Arte de Pontevedra e convertímonos en auténticos detectives da arte.
Este curso o proxecto do cole titúlase CreArte, polo que aprenderemos moito de arte ao longo de todo o ano. Os de terceiro de primaria traballaremos a Laxeiro no primeiro trimestre, a Salvador Dalí no segundo e a Vincent van Gogh no terceiro, así que esta visita enmárcase como unha actividade de motivación para comenzar co proxecto.
Despois da visita fixemos un roteiro pola cidade, e a profe Tere levounos aos lugares máis emblemáticos da cidade contándonos algúns detalles do seu interese histórico e algunha que outra anécdota. Por certo, sabedes por qué se di de Pontevedra que "da de beber a quen pasa"?
Aquí vos deixamos o nosa xornada en imaxes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario