lunes, 8 de octubre de 2018

VISITA AO MUSEO DE ARTE DE PONTEVEDRA E ROTEIRO POLA CIDADE

O pasado xoves visitamos, acompañados dos nos@s compañeir@s de primeiro e segundo, o Museo de Arte de Pontevedra e convertímonos en auténticos detectives da arte.
Este curso o proxecto do cole titúlase CreArte, polo que aprenderemos moito de arte ao longo de todo o ano. Os de terceiro de primaria traballaremos a Laxeiro no primeiro trimestre, a Salvador Dalí no segundo e a Vincent van Gogh no terceiro, así que esta visita enmárcase como unha actividade de motivación para comenzar co proxecto.
Despois da visita fixemos un roteiro pola cidade, e a profe Tere levounos aos lugares máis emblemáticos da cidade contándonos algúns detalles do seu interese histórico e  algunha que outra anécdota. Por certo, sabedes por qué se di de Pontevedra que "da de beber a quen pasa"? 
Aquí vos deixamos o nosa xornada en imaxes...


OS RIOMONSTERS

BENVIDOS ao novo curso escolar 2018-2019!!
Este curso os protagonistas do blogue serán os nenos e nenas de 3º de primaria do CEP Riomaior (Vilaboa).
Estes son OS RIOMONSTERS

BIENVENIDOS al nuevo curso escolar 2018-2019!!
Este curso los protagonistas del blog serán los niños y niñas de 3º de primaria del CEP Riomaior (Vilaboa).
Estos son LOS RIOMOSTERS