O luns 30 e martes 31 de outubro fixemos varias actividades relacionadas co Samaín. Por unha banda, no colexio houbo unha exposición de cabazas e conxuros e, por outra, na nosa aula dúas mamás acudiron a realizar uns talleres de cociña.
Belén, a mamá de Sheyla, ensinounos a facer dentaduras de Drácula e Olga, a mamá de Natasha, ensinounos a facer morcegos. Pasámolo moi ben con elas, as dentaduras e os morcegos salíronnos xenial e estaban moi ricos e aos nen@s encantoulles que as mamás viñeran a aula, ata lles pediron autógrafos!!
Aquí vos deixamos algúns destes momentos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario