Para rematar o curso fixemos un proxecto sobre xeografía no que viaxamos a varios países e lugares cercanos e lejanos e tivemos a sorte de que varios padres viñeron a aula a contar algúns dos seus viaxes ou estancias no extranxeiro.
O papá de Santi contounos moitas cousas do seu país, Venezuela, no que viviu a maior parte da súa vida.
O papá de Antía falounos de Italia, país que visitou en varias ocasións, e deunos unha enorme sorpresa al traernos unha comida típica deste país, unhas deliciosas pizzas!!
O papá de Marcos falounos de Malasia, en concreto da súa capital, Kuala Lumpur, que visitou por motivos de traballo.
A mamá de Candela Miranda ensinounos a forma de vida das Illas do Caribe, unha viaxe de ocio no que rematamos bailando os bailes típicos como o bachata e o merengue.
E, por último, o papá de Celia falounos de China, un país que frecuenta, e ata nos ensinou a comer con palillos, algo moi típico dos chinos.
Cada un dos alumn@s tamén fixo unha exposición dun país ou lugar do territorio español que visitou nalgunha locasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario