domingo, 24 de septiembre de 2017

DESPEDIDA

A miña "Monsterclass Canicouva" remata aquí. En xuño despedinme duns nenos e nenas xeniales, aos que lles teño e lles terei un cariño enorme... Espero que eles a mín tamén. Familias, un dez, da gusto contar con pais e nais colaboradores e que non poñen trabas a nada, sentinme moi a gusto con esta promoción e puiden traballar como a min realmente me gusta.

Desexo que a cara de felicidade e ilusión que teñen no video que aparece a continuación a sigan tendo ao longo de toda a súa vida. 

Ata sempre guapísimos e guapísimas!!! Muack, muack!!


PAISES

Para rematar o curso fixemos un proxecto sobre xeografía no que viaxamos a varios países e lugares cercanos e lejanos e tivemos a sorte de que varios padres viñeron a aula a contar algúns dos seus viaxes ou estancias no extranxeiro.

O papá de Santi contounos moitas cousas do seu país, Venezuela, no que viviu a maior parte da súa vida.
O papá de Antía falounos de Italia, país que visitou en varias ocasións, e deunos unha enorme sorpresa al traernos unha comida típica deste país, unhas deliciosas pizzas!!
O papá de Marcos falounos de Malasia, en concreto da súa capital, Kuala Lumpur, que visitou por motivos de traballo.
A mamá de Candela Miranda ensinounos a forma de vida das Illas do Caribe, unha viaxe de ocio no que rematamos bailando os bailes típicos como o bachata e o merengue.
E, por último, o papá de Celia falounos de China, un país que frecuenta, e ata nos ensinou a comer con palillos, algo moi típico dos chinos.

Cada un dos alumn@s tamén fixo unha exposición dun país ou lugar do territorio español que visitou nalgunha locasión.

Moitísimas grazas a tod@s!!


HORTA ESCOLAR

Despois de moito traballo, recolectamos unhas leitugas fermosas... Logo transplantamos os tomates e pementos para que seguiran madurando na casa e... a terra volveu a quedar como cando comezamos, lista para plantar de novo!!!
Foi unha experiencia xenial, grazas aos papis que colaboraron e unha mención especial a Geni, que foi a encargada de facer os talleres todas as semanas.


jueves, 21 de septiembre de 2017

XUNTANZA CON CEIP JOSEFA ALONSO

O pasado 26 de maio as aulas de 6º de infantil, 1ºB, 3º y 4ºB de primaria, fixemos a xuntanza que levábamos preparando durante todo o curso co CEIP Josefa Alonso. Trátase dunha tarefa integrada entre os dous coles.
Fomos a este cole e alí nos recibiron de maravilla. Primeiro cuns xogos tradicionais, logo unha merendola e, por último, o Concurso de Deletreo, que nos saliu xenial. Os finalistas de Canicouva deletrearon á perfección todas as palabras. Pasamos unha xornada estupenda!!

E o 2 de xuño viñeron os nen@s dese cole a visitarnos a Canicouva. Os de 3º ofrecémoslles unha carreira de orientación no Parque de Castrelos e os demais niveis outras actividades. Tamén pasamos unha xornada magnífica!!