miércoles, 10 de mayo de 2017

OBRA DE TEATRO: "RESTAURANTE FARRUCO"

Hoxe representamos a obra de teatro que levamos ensaiando dende hai uns meses no Auditorio do Concello. "Restaurante Farruco" é unha obra humorística que trata dun xantar nun restaurante. Con sinceridade teño que dicir que os nen@s foron uns auténticos actores e actrices, actuaron de maravilla, un éxito. NORABOA!!

CONCURSO DE RELATOS CURTOS

Este ano tamén nos presentamos ao Concurso de Relatos Curtos de Galicia. Todos os nen@s da aula elaboraron o seu relato. Presentamos algúns ao concurso e quedaron de finalistas Adrián Piñeiro e Candela Murillo. NORABOA!! Os seus relatos serán publicados nun libro xunto cos demais finalistas de cada categoría e de todos os finalistas seleccionarán aos gañadores. Ata o día 30 de maio non podemos publicar os relatos.

CONCURSO MATEMÁTICO PANGEA

Este ano presentámonos ao Concurso Matemático Pangea, que é un concurso a nivel nacional. Primeiro faise un concurso no colexio por niveis, logo un concurso na provincia e, por último, os finalistas van ao nacional. En cuarto de primaria gañou Antía, unha compañeira desta aula, e o sábado pasado presentouse a final de provincia. Ainda non sabemos os resultados. Desexámolle moita sorte...

INVITACIÓN PARA MARIO E AINHOA

INVITACIÓN PARA EVA E XOEL

INVITACIÓN PARA LAURA

INVITACIÓN PARA XIANA E RODRIGO

INVITACIÓN PARA MARA E DEREK

INVITACIÓN PARA JUAN E LUIS

INVITACIÓN PARA SARA E IRENE

INVITACIÓN PARA ANTÓN E JENNIFER

INVITACIÓNS PARA O CEIP JOSEFA ALONSO

Este ano estamos desarrollando unha tarefa colaborativa co CEIP Josefa Alonso. Os nen@s desta clase iremos o día 26 de maio a un concurso de deletreo invitados por dito CEIP e competiremos cos nen@s do mismo nivel.
Por outra banda, nosoutros invitamos aos nenos de cuarto de primaria do CEIP Josefa Alonso á II Carreira de Orientación que celebraremos no Parque de Castrelos o día 2 de xuño.
Mandarémoslles as invitacións nun código QR xunto co mapa da carreira. Seguro que lles fará moita ilusión, tanta como nos fixo a nosoutros as invitacións que nos enviaron eles.

INVESTIGANDO...ÁRBORES AUTÓCTONOS DE GALICIA

Así nos quedou a investigación que fixemos sobre os árbores autóctonos de Galicia: o carballo, o castiñeiro, o eucalipto, e tamén, a sobreira e o ameneiro. Ademais reflexionamos sobre a necesidade de protexer os nosos bosques do lume.




lunes, 1 de mayo de 2017

HORTA ESCOLAR

O venres fixemos outro taller na horta. Nesta ocasión, adecentamos o terreno e preparounos Geni unha infusión de cola de cabalo para as plantas. Encántalles traballar na horta e fainno moi ben...


 



VISITA AO VERBUM

O pasado xoves, 27 de abril, visitamos o Verbum, a Casa das Palabras. Fixemos dous obradoiros, un no que nos fixeron sentir como auténticos paleontólogos e arqueólogos e outros no que nos presentaron a exposición que teñen "Emporium", que reflexa 1000 anos de relacións comerciais de Vigo, dende a Prehistoria ata a chegada dos árabes a Península. Mil anos nos que Vigo xoga un papel destacado na comunicación marítima do noroeste peninsular co resto do mundo.